Ir ao contido
Mantemento e explotación

As túas aplicacións, sempre ao día

Coidamos aplicacións desenvolvidas por nós ou por terceiros: mantemento, actualizacións, seguridade, infraestrutura, monitorización e melloras continuas. Ti céntraste no teu negocio.

Todo o que precisa unha aplicación en produción

Infraestrutura cloud

Deseño, despregamento e xestión en Azure, AWS ou Google Cloud, con infraestrutura como código.

Monitorización 24/7

Métricas, logs, trazas e alertas. Detectamos os problemas antes cós teus usuarios.

Seguridade e cumprimento

Parches, copias de seguridade, xestión de accesos, ENS e RXPD.

Rendemento e custos

Optimizamos de forma continua a factura cloud e o rendemento das túas aplicacións.

Mantemento evolutivo

Actualizacións, pequenas melloras e corrección de incidencias con axentes supervisados.

Soporte con SLA

Gardas, tempos de resposta garantidos e un interlocutor que coñece o teu sistema.

Plans de coidado

Cotas claras, sen permanencia

Son os mesmos plans que verás no teu orzamento. Se desenvolvemos a túa app, os 3 primeiros meses van incluídos.

A túa app fíxoa outro provedor?

Auditámola, contámosche o seu estado real cun informe claro e facémonos cargo dela co mesmo plan de coidado. Ideal se o teu provedor xa non responde ou a app quedou anticuada.

Pedir unha auditoría

Falemos

Cóntanos que operas hoxe

Facemos un diagnóstico gratuíto da túa infraestrutura actual e propoñémosche un plan de explotación con cota pechada.

En que te podemos axudar?

Usaremos os teus datos só para responder á túa solicitude. Máis información na política de privacidade.

Calcula o teu orzamento de balde